CRTVG

Buscar

Albert Rivera pídelle unha reunión urxente a Pedro Sánchez

Publicado o 17/09/2019 10:15
Albert Rivera pídelle unha reunión urxente a Pedro Sánchez

O líder de Cidudadanos, Albert Rivera, pediu este martes unha reunión ao presidente en funcións, Pedro Sánchez, para discutir as condicións que fixou para facilitar a súa investidura cunha abstención, algo que considera unha "obriga" en vista de que o líder socialista "non fai nada".

Fíxoo a través dunha carta "urxente", enviada directamente ao líder socialista esta mesma mañá, segundo anunciou nunha entrevista en Telecinco, xa que aínda que "se perdeu moito tempo", aínda hai suficiente para desbloquear a situación política.

"Se di que as condicións que lle poñemos se cumpren, o que ten que facer é poñelas encima da mesa, asinalas e cumprir as que non se están cumprindo".

Rivera deu este paso poucas horas de reunirse co Rei, dentro da segunda xornada de contactos cos líderes políticos destinada a avaliar o contexto actual e designar ou non un novo candidato para unha investidura antes de que se disolvan as Cortes o vindeiro luns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí