CRTVG

Buscar

Albert Rivera di que a resposta de Pedro Sánchez "é unha tomadura de pelo"

Publicado o 17/09/2019 16:54

• Iglesias apremia a Sánchez a decidirse entre a esquerda ou a dereita

Ás seis desta tarde Pedro Sánchez reúnese co Rei. Pero a estas horas a súa investidura segue no aire. Esta mañá chamou por teléfono aos líderes dos outros partidos maioritarios para coñecer as súas posturas. Resumiunas Adriana Lastra ante os medios: "Unidas Podemos parece ser que vai anunciar a súa abstención ao xefe de Estado e que PP e Cs van votar en contral, co cal, non habería ningunha investidura posible".

Sánchez rexeitou hoxe reunirse in extremis con Rivera, aínda que falaron por teléfono. Os socialistas cren que a súa oferta non é seria e volven pedirlle a abstención, pero Ciudadanos insiste nas súas condicións. "Aínda temos tempo e é o señor Sánchez o que ten que dicir se quere ir a novas eleccións como semella. Estalle demostrando aos españois que non sabe pactar nin a esquerda nin a dereita nin a centro", declarou Begoña Villacís.

Se finalmente hai acordo entre Ciudadanos e o PSOE, Podemos considerará votar en contra da investidura de Sánchez. Pablo Iglesias está convencido de que o PSOE prefire a Ciudadanos como socio. "É verdade que Pedro Sánchez ten tempo para decidir se acepta algunha das dúas ofertas que ten para ser presidente do goberno", dixo na rolda de prensa posterior ao seu encontro co Rei.

Sánchez tamén falou con Casado. Segundo fontes socialistas, o PP comunicoulle que votará na súa contra se hai debate de investidura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí