CRTVG

Buscar

Albert Rivera, de Cs, chama á mobilización dos moderados

Publicado o 10/11/2019 13:43

O candidato de Ciudadanos votou en Pozuelo de Alarcón, no mesmo colexio que Pedro Sánchez. Rivera chegaba a este colexio electoral pasadas as once e media da mañá. O candidato de Ciudadanos destacou a importancia deste domingo para a democracia española, en que os cidadáns deciden o futuro do país e reclamou "sentido común", "sensatez" e "calma". Rivera avogou por conseguir un Goberno que una e comprometeuse a poñer en marcha España sexa cal sexa o resultado. Ao preguntarlle pola situación en Cataluña, pediu ao goberno que garanta o dereito ao voto de todos os cidadáns sen que se lles coarte a liberdade estean onde estean. E chama á mobilización dos moderados para desbloquear o país.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2019