Albert Gil, director do fútbol base do Deportivo: "Estamos moi contentos coa nosa canteira, hai potencial"
Publicado o 24/04/2020 17:08
O fútbol, como tantas outras cousas, non vai ser o mesmo despois do coronavirus. Xa o advertía hai uns días Joaquín Caparrós.
Mirar, máis ou menos de esguello á canteira sempre foi unha actividade de alto risco para os dirixentes do fútbol. Máis dados ao paxaro na man de fabulosos contratos con xogadores de máis ou menos cartel. Agora van faltar os cartos.
Para Albert Gil, o máximo responsable da canteira deportivista, o camiño futuro está marcado. Defende a aposta do Dépor polos máis novos.
De ser certos os vaticinios, o fútbol volvería facer gala da súa capacidade de resiliencia, como noutras épocas, primando o talento sobre o emolumento.