CRTVG

Buscar

Alba Merino cre no ascenso do Deportivo

Publicado o 14/05/2019 20:17

Malia ter unha longa traxectoria de moitos anos en Primeira ás costas, Alba Merino aínda está abraiada polo vivido o domingo en Abegondo.

Alba Merino: "Vivín unha morea de partidos, pero como se vive unha fase de ascenso, a importancia que ten para o club, para a cidade e para todos..., había tempo que non vivía un partido así".

A mediocampista cre que este Deportivo camiña moi firme cara ao ascenso: "Somos un equipo superior a elas. Viuse o outro día no campo. Mesmo o resultado puido ser superior. Elas contan co aliciente do seu campo sintético, a súa afección, o clima..., dános igual".

E avisa: o Deportivo non irá ás Canarias só a manter a renda: "Nós non sabemos saír a outra cousa que non sexa gañar. Sempre marcamos un gol. E se nós marcamos un gol, elas teñen que meter catro. E non os encaixamos nunca nesta temporada".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2019