CRTVG

Buscar

Alba de Tormes despide os catro mozos falecidos en accidente de tráfico

Publicado o 22/07/2019 16:55

O pavillón municipal da localidade salmantina de Alba de Tormes, onde estaba instalada a capela ardente, acolleu este mediodía os funerais polos 4 veciños falecidos este domingo en accidente de tráfico. Máis de 1.500 persoas asistiron ao acto relixioso que, por expreso desexo das familias das vítimas, se celebrou sen presenza de cámaras e fotógrafos. O Concello de Alba de Tormes decretou tres días de loito oficial e as bandeiras ondean a media hasta.

Os outros dous mozos feridos no accidente continúan ingresados no Hospital Clínico da capital provincial. Segundo os médicos que os atenden, o seu prognóstico segue sendo grave, pero as lesións non afectan órganos vitais, polo que a súa vida non corre perigo.

O máis vello, de 29 anos e que conducía o vehículo sinistrado, está sendo investigado por catro delitos de homicidio imprudente e outro de lesións imprudentes. O vehículo en que viaxaban os seis mozos saíu da estrada pola parte contraria á dirección da marcha e deu varios bandazos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/07/2019