CRTVG

Buscar

O Deportivo, eliminado da Copa do Rei tras empatar 1-1 co Alavés

Publicado o 11/01/2017 21:00

Non perdeu ningún dos dous partidos contra o Alavés, pero o equipo vasco fixo valer os dous goles que marcou en Riazor no encontro de ida. O Deportivo xogou case toda a segunda metade en superioridade e a piques estivo de darlle a volta ao partido nunha clara ocasión de gol de Joselu.

"Marchamos ao descanso perdendo 1-0 e foi unha pena. Contra dez fomos superiores pero lamentablemente non puidemos. Faltounos paciencia, tiñamos tempo pero algunhas xogadas foron moi precipitadas. Necesitamos chegar máis claro á portería", dixo Garitano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017