CRTVG

Buscar

Alarma no centro de Ourense por un incendio nun edificio da rúa do Progreso

Publicado o 23/07/2019 13:21

O lume afectou o cuarto andar deste inmoble. No interior da vivenda non había ninguén. Foron os veciños os que deron a voz de alerta ao ver saía fume por debaixo da porta. Cando conseguiron entrar, os bombeiros comprobaron que as lapas afectaban un cadro eléctrico e un paraugueiro.

Sospéitase que a orixe do lume puido ser un curtocircuíto. Ata o lugar trasladaronse tres unidades do servizo de extinción de incedios que tardaron arredor de media hora en sufocar as lapas. Durante este tempo, a rúa do Progreso, unha das principais arterias da cidade de Ourense, permaneceu pechada ao tráfico dende os antigos xulgados ata Xoán XXIII.

Noticias web

23/07/2019