Alarma nunha unha urbanización de Pereiro de Aguiar polos roubos
Publicado o 28/01/2019 14:33
Veciños dunha urbanización do Pereiro de Aguiar, en Ourense, están moi preocupados polos roubos deste venres pasado. Catro vivendas foron asaltadas cando os seus propietarios estaban fóra. Os ladróns levaron cartos e xoias. Hai alarma entre as 174 familias que viven nesa urbanización, din que se senten vixiadas e indefensas ante os continuos roubos. Xa lle trasladaron as súas queixas ao Concello e piden máis vixilancia policial e máis iluminación na zona.
Máis sobre actualidade
08/03/2021 09:06