CRTVG

Buscar

Alarma en varios países de Europa ao disparárense os contaxios

Publicado o 08/10/2020 13:44

A segunda vaga de coronavirus avanza por Europa e algúns países como Alemaña, Francia e Italia rexistran un aumento considerable de contaxios. Medra a preocupación nos gobernos, mentres se anuncian novas restricións. Os últimos datos coñecidos dispararon as alarmas en boa parte de Europa.

Alemaña informou nas últimas horas máis de 4.000 contaxios, o peor rexistro desde comezos de abril. Os responsables sanitarios alertan de que se podería chegar aos 10.000 casos diarios e de que a situación pode descontrolarse.

Hai preocupación tamén en Francia, que onte confirmaba preto de 19.000 contaxios. O presidente Macron anunciou que hoxe se darán a coñecer novas restricións.

Tamén en Italia, o país que máis sufriu a primeira a primeira vaga de coronavirus, subiron os positivos a case 3.700. A máscara é desde onte obrigatoria ao aire libre e o primeiro ministro Conte anunciou ademais a prolongación do estado de alarma ata finais de xaneiro.

O Goberno italiano realizará tests a todos os cidadáns procedentes de Holanda, Gran Bretaña, República Checa e Bélxica. Na capital deste último país, Bruxelas, a terceira con más contaxios de Europa, entrou hoxe en vigor o peche de bares e cafés durante un mes.


 

Noticias web

08/10/2020