Alarma en Ourense por un incendio nunha librería
Publicado o 21/04/2021 12:26

Alarma en Ourense por un incendio nunha libraría moi próxima ao instituto Otero Pedraio. Os bombeiros tiveron que sofocar as lapas no interior do local. As primeiras investigacións apuntan a que o lume puido orixinarse no almacén da librería e que puido ser un curtocircuíto a causa.
A actuación dos bombeiros foi complexa pola cantidade de libros almacenados. Ademais houbo unha pequena explosión, provocada por un bote metálico de desinfectante que non tivo conscuencias maiores. O suceso levantou gran expectación no vecindario. É unha zona moi concorrida.