CRTVG

Buscar

Alarma en Australia polos novos brotos do coronavirus

Publicado o 13/07/2020 13:35

A pandemia esténdese polo planeta e calcúlase que máis da metade da poboacion mundial está sometida a algún tipo de confinamento ou distanciamento social. 

Os Estados Unidos e O Brasil son os países máis afectados pola enfermidade, que agora comeza a brotar de novo con forza en Australia.

As cifras de contaxios nos Estados Unidos seguen medrando: máis de 60.000 novos casos nas últimas 24 horas.

O país, que superou os 135.000 mortos, segue sendo o máis castigado polo coronavirus.

Pero a pesar destes datos, a OMS alerta de que o epicentro da pandemia se trasladara a América Latina.

O Brasil rexistra máis de 70.000 mortos e case dous millón de contaxiados, entre eles o presidente Jair Bolsonaro.

O virus segue estendéndose polo mundo, e países como Austrialia, que lograran contelo nun principio, están agora alarmados polos novos brotos.

No estado de Vitoria decretouse a alerta máxima e a mobilización do exército logo de máis dunha semana con case 200 casos positivos diarios. A súa capital, Melbourne, leva xa confinada desde o mércores pasado.

Outros países como Rusia avanzan na desescalada a pesar de rexistrar máis de 11.000 mortos e 700.000 contaxiados.



 

Noticias web

13/07/2020