CRTVG

Buscar

Alalá: a música tradicional galega

Publicado o 07/07/2016 11:32
Alalá: a música tradicional galega

A través desta canle de Alalá da Televisión de Galicia poderás acceder a todos os programas emitidos de Alalá, pero tamén ás pezas completas de cada intérprete e material transversal ao programa que iremos incorporando.

Actualmente, á parte dos Alalás emitidos hai máis de 1.500 cintas cos rexistros en bruto de material gravado, interpretacións e entrevistas, descartes de montaxe, de enorme valor, con moitas persoas desgraciadamente xa falecidas, e que iremos poñendo a acceso do público a través desta canle.

As novas tecnoloxías de Internet permítennos realizar o soño, como televisión pública, de poñer este material de libre acceso a disposición pública. Poderase acceder aos contidos por número de capítulo e descrición, pero tamén a través dun mapa das músicas de Galicia, por unha clasificación por instrumentos, e tamén se poderá ir accedendo a contidos transversais a cada programa como pezas completas, fotos ou notas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí