CRTVG

Buscar

Aketxe: "Tiñamos expectativas moi altas e estanos custando darlle a volta a isto"

Publicado o 04/12/2019 19:35

Confianza no estilo de Luis César. Aketxe está convencido de que as vitorias pasan por encomendarse ao ideario do técnico galego: "Todos tiñamos unhas expectativas moi altas. Despois de meternos nesta nube estanos custando a todos darlle a volta", recoñece o centrocampista.

No Anxo Carro apareceu como falso 9, posición novidosa para Aketxe, que saiu satisfeito co seu rendemento.: "O míster pediume recibir entre liñas, que os centrais saíran por min e que, a partir de aí, Koné e Vallejo aproveitar os espazos que eu xeraba ao saír os centrais de sitio".

Aketxe non quere entrar a valorar as críticas que lle botan en cara que a súa producción só se limita ao balón parado: "Non opino diso. Cada un é libre de opinar o que queira. Eu sei que fago moito máis, así que non vou entrar niso", sinala o xogador.

O mediapunta vasco apreciou mellora nos dous últimos partidos.
 

Noticias web

04/12/2019