CRTVG

Buscar

Airbus suprimirá 15.000 postos de traballo, 900 deles en España

Publicado o 30/06/2020 20:11

O construtor aeronáutico Airbus anunciou este martes un plan de recortes de persoal para facer fronte á caída da actividade pola crise sanitaria do coronavirus, que prevé a supresión de 15.000 postos de traballo, 900 deles en España.

A empresa francesa xustificou a medida por unha diminución da actividade da aviación comercial de case o 40 % nos últimos meses, que sitúa a industria no seu conxunto "nunha crise sen precedentes", segundo un comunicado.

Tras analizar a demanda dos clientes nestes últimos meses, Airbus prevé que as reducións afectarán unhas 5.000 persoas en Francia, 5.100 en Alemaña, 900 en España, 1.700 no Reino Unido e 1.300 noutros centros no resto do mundo. 

Noticias web

30/06/2020