CRTVG

Buscar

Airbus elixe Galicia para estrear o seu novo avión comercial en Peinador

Publicado o 23/05/2019 23:09

Airbus leva anos confiando na industria aeronáutica galega, pero esta é a primeira vez que a compañía elixe a nosa comunidade para probar un dos seus modelos, o Airbus 350. A aeronave comercial, con capacidade para 440 pasaxeiros, aterrou e engalou varias veces en Peinador para testar o sistema antinéboa. A elección semella casual, pero non o é.

Enrique Mallón, presidente do Consorcio Aeronáutico Galego, lembra que un 25% dos traballadores das empresas aeronáuticas galegas participaron en maior ou menor medida neste proxecto.

A participación de empresas galegas no proxecto e o éxito do mesmo, a compañía xa ten 900 pedidos, auguran boas novas para o sector. Enrique Mallón espera que se traduza en máis carga de traballo para a industria aeronáutica galega.

Dende o consorcio destacan que proxectos coma este son moi positivos para o sector aeronáutico galego pola relevancia que teñen, tanto a nivel nacional como mundial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019