CRTVG

Buscar

Airbnb prevé despedir máis do 25 % do seu cadro de persoal

Publicado o 06/05/2020 09:29

A plataforma de alugueiros vacacionais Airbnb prevé unha redución de máis do 25 % do seu cadro de persoal como consecuencia da crise do coronavirus.
Isto supón o despedimento de case 1.900 traballadores. A dirección da compañía di que toma esta medida ante a previsión de que os seus ingresos sexan este ano a metade dos que tivo en 2019. A empresa asegura que seguirá a traballar para buscar novas oportunidades económicas cando as viaxes se recuperen.

Noticias web

06/05/2020