CRTVG

Buscar

Air Nostrum amplia a súa oferta desde o aeroporto de Peinador

Publicado o 17/01/2020 15:05

A liña aérea Air Nostrum ampliará a súa oferta dende o aeroporto vigués de Peinador. Haberá servizo a Alacante, Fuerteventura e Lanzarote, e reforzará as conexións a Valencia e As Palmas.

A conexión entre Vigo e Alacante será entre o 29 de marzo e o 17 de xullo; e do 6 de setembro ao 24 de outubro, cunha frecuencia de tres voos semanais. Tamén haberá voos ás Palmas de Gran Canaria os sábados nese mesmo período; e os de Valencia reforzaranse con conexións diarias, salvo os mércores.

Nas seis semanas centrais do verán haberá voos a Lanzarote os xoves e a Fuerteventura, os luns e os venres. Segundo o alcalde da cidade, Abel Caballero, estes novos servizos terán "custo cero" para as arcas municipais.

Noticias web

17/01/2020