CRTVG

Buscar

Aínda non hai ofertas en firme para mercar as plantas de Alcoa da Coruña e de Avilés

Publicado o 28/05/2019 21:01

Os sindicatos de Alcoa saíron da comisión de seguimento sen novidades sobre o futuro das plantas. Lamentan a falta de avances e critican que a última poxa eléctrica aprobada polo Goberno non axuda, porque segue sendo deficitaria. Seis investidores interesáronse pola factoría de Avilés, e tres deles tamén pola da Coruña. Pero, de momento, ningún presentou unha oferta en firme.

Juan Carlos López Corbacho, presidente do comité de empresa de Alcoa A Coruña: "Hai que informar de cal vai ser o prezo da enerxía que lle van poñer sobre a mesa aos posibles investidores. Ten que ser un prezo razonable e firme, ou do contrario ninguén vai facer unha oferta vinculante por Alcoa".

A Xunta de Galicia, que tamén participa na comisión de seguimento, comparte a preocupación dos traballadores e pídelle explicacións ao Goberno sobre o estatuto das electrointensivas, que segue sen aprobarse.

O Goberno galego di que se está poñendo en perigo non só o futuro de Alcoa na Coruña e en Avilés, senón tamén o da planta de San Cibrao e o do resto de grandes consumidoras de enerxía. En total, segundo estiman, están en risco 5.000 empregos en Galicia.

Noticias web

28/05/2019