CRTVG

Buscar

Aidoo di que non puido durmir polo golpe a Zidane

Publicado o 19/02/2020 14:59

Aidoo non esquecerá o encontro do Bernabeu, pola importancia do empate e por esta imaxe: un incidente involuntario que o deixou moi afectado. Desculpouse con Zidane a través das redes sociais, ao non poder facelo en persoa.

"No momento non fun consciente de que o golpeei na boca co pé. Despois, cando o vin repetido e as fotos nas redes, sentínme mal. Algunha xente estaba contenta, sentinme mal polo incidente, non puiden frear, foi un accidente", dixo.

Pasados os días, volve sorrir como o resto dos seus compañeiros, centrado xa no partido do Leganés.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/02/2020