CRTVG

Buscar

Agustín Hernández: "Debemos visibilizar o CES para que a cidadanía teña claro que é unha institución útil para Galicia"

Publicado o 17/09/2019 11:46

Entrevista no informativo Bos días con Agustín Hernández, presidente do Consello Consultivo Social e Económico de Galicia (CES).

"É un órgano independente que está ao servizo de Galicia".

"Hai un número importante de xente que analiza os informes que solicita o CES sobre as leis. O presidente debe intentar aunar os puntos de encontro entre os diferentes analistas para que os ditames sexan os máis útiles posibles".

"Entre os retos do CES está a política industrial, o mercado laboral feminino, o sistema de pensións e a lei do territorio".

"O Consello é consultivo, fai informes consultivos, pero non vinculantes". 

"Como presidente do CES debo de ser extredamente prudente en asuntos de ámbito político. A situación da débeda ás comunidades non é unha situación cómoda. As comunidades autónomas deben moveserse na certeza, é a forma de facer política seria".

"Debemos de intentar visibilizar este organismo para que a cidadanía teña claro que é unha institución útil a Galicia que traslada os informes ao Goberno para que os teña en conta".





Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2019