CRTVG

Buscar

Investigan a Aguirre e Cifuentes polo financiamento irregular do PP de Madrid

Publicado o 03/09/2019 13:30

Imputadas polo presunto financiamento irregular do Partido Popular madrileño Cristina Cifuentes e Esperanza Aguirre. O xuíz da Audiencia Nacional cita a Cifuentes a declarar como investigada o primeiro de outubro e a Aguirre o 18 do mesmo mes. Nesta causa tamén está imputado outro ex-presidente da Comunidade de Madrid co PP, Ignacio González.

Esta causa é unha peza da operación Púnica. Investiga o posible financiamento irregular das campañas electorais do Partido Popular de Madrid con cartos de empresas que resultaban adxudicatarias de contratos públicos.

Noticias web

03/09/2019