CRTVG

Buscar

O pechacancelas Leganés empata no campo do Real Sociedade

Publicado o 09/11/2019 13:41

Arranca Javier Aguirre esta nova etapa no fútbol español cun empate, un punto que non saca o Leganés do posto de pechacancelas, pero polo menos vira o rumbo dunha xeira de malos resultados que o afundiu na táboa. E, grazas ás paradas de Cuéllar, o Real Sociedade non obtivo maior premio ás varias e claras ocasións que xerou durante o partido.

Aínda que non foi ata o segundo tempo, no minuto 63, cando chegaron os goles. Januzaj bota dende o recuncho e Mikel Merino adiántase á defensa para cabecear por riba das mans de Cuéllar. Aguirre veu moi aburridos aos xogdores do banquiño e deu entrada a dous dianteiros, así que rematou xogando con tres puntas. De perdido á ría, debeu de pensar.

E foi entón cando Roque Mesa pon un balón na área e En Nesyri remata de cabeza con contundencia para igualar o marcador. O Reale Arena soña co liderado provisional, aínda que puido ser más folgado, e o Leganés leva un punto que dadas as circunstancias é mellor que nada.

 

Noticias web

09/11/2019