CRTVG

Buscar

Aguado afirma sobre a evolución da covid-19 que "as cousas en Madrid van mal"

Publicado o 08/10/2020 08:29

O vicepresidente da Comunidade de Madrid Ignacio Aguado contradí a presidenta Ayuso na avaliación da situación da covid-19 na rexión.

Di Aguado que esta é preocupante e que as cousas van mal, porque estes meses son complicados desde o punto de vista sanitario e non chega con achanzar a curva de incidencia da enfermidade: "Estamos nunha incidencia acumulada altísima. Veñen semanas e meses difíciles. En calquera momento, en calquera descoido, a incidencia pode seguir subindo, e non podemos trasladar á opinión pública que as cousas van ben, porque non é certo. As cousas van mal. A curva está moi alta".

Noticias web

08/10/2020