CRTVG

Buscar

Agridoce empate do Compostela co Leganés B

Publicado o 26/09/2021 14:08

RESULTADO Leganés B 1 - S. D. Compostela 1

Era o minuto 9, cando Pato golpeou en longo, Escudero baixouna, chegou Josiño, combinou con Primo, este abriu pra Rafa Mella e o centro de Rafa depositouno -co peito- na rede Primo. Gol do Compostela. Gol que nos serve pra ilustrar a brillante primeira parte galega. Sempre ordeados e impoñendo o seu estilo de xogo.

O Compos mereceu máis neste período, pero na segunda... Na segunda, o técnico do Lega modificou o medio campo e fíxose coa posesión. O Compos sufriu sen balón e apañou o empata cando xogaba cun maís e quedaban so cinco minutos para o final. Centrro de Rubio, gol de Íker. 1-1, punto como o definiu Rodri, o técnico do Compos, agridoce.

Noticias web

26/09/2021