Pide colaboración cidadá para localizar o home que o agrediu en Carballo
Con impotencia e rabia, José Manuel amosa as lesións que sufriu por chamarlle a atención a un home que estaba a golpes cunhas máquinas.expendedoras no centro de Carballo.
"Pregunteille se buscaba petróleo. Intentou poñerse agresivo, pero xusto pasou un rapaz que coñezo e preguntoume se pasaba algo. Díxenlle que non", conta José Manuel da Silva, o varredor agredido.
Daquela mesmo, o seu agresor fuxiu. Pero non foi moi lonxe. José Manuel di que foi agocharse ata que o viu desprevido. "Empurroume polas costas e fun dar co mármore dun portal. Teño esta brecha de 13 centímetros e tamén feridas nun ollo, nunha man", engade José Manuel.
Agora solicita colaboración cidadá para poder dar co agresor. "É que xa perdes a fe na humanidade, porque agora ningúen viu nada. O home é calvo e anda dun xeito moi rápido", di José Manuel. A Garda Civil xa se encarga da investigación.