CRTVG

Buscar

Agriden cunha machada o pai dun dos mozos implicados nunha liorta en Vilagarcía

Publicado o 18/05/2021 14:26

A Policía Nacional detivo a media mañá unha persoa en relación coa agresión nesta rúa Abelle de Rubiáns o pai dun mozo implicado nunha liorta nesta parroquia do concello de Vilagarcía. Os feitos foron a consecuencia dunha disputa a pasada semana entre dúas cuadrillas de mozos, unha de Vilagarcía e outra de Vilanova, tras un accidente de tráfico en que un dos coches quedou danado.

Este luns o propietario do vehículo, xunto a outras persoas, achegouse a Rubiáns para saldar contas. O pai do mozo implicado saíu na súa defensa e foi entón cando foi agredido cunha machada, sen que as feridas revestisen gravidade. Tras a fuxida dos agresores, a policía segue a investigar os feitos e non descarta novas detencións nas próximas horas.

 

Noticias web

18/05/2021