CRTVG

Buscar

Agride a muller por non deixalo entrar nun trío cun "gigoló" que el contratara

Publicado o 14/08/2019 19:07

Condena de seis meses de cárcere para un veciño de Cangas por agridir á súa esposa por impedirlle sumarse a un trío cun gigoló. A véspera de Reis un veciño de Cangas foi denunciado pola súa esposa por agredila cando lle impediu unirse a un trío que el organizara cun gigoló de Vigo.

O home contratou os servizos dun mozo duns vinte anos nun hotel de Cangas para que tivera relacións coa súa esposa. Tras consumir bebidas alcólicas, o marido quixo sumarse á relación pero a súa muller impediullo, momento no que o home a agrediu. Os berros alertaron o porteiro do hotel, que chamou a Garda Civil. Cando chegaron os axentes ela denunciou o marido, que foi detido canda o "gigoló". Ela tivo que ser asistida nun centro hospitalario con hemorraxia nasal e un hematoma no ollo esquerdo. 

Malia que a muller retirou despois a denuncia, a Audiencia de Pontevedra condenou o marido a seis meses de cárcere por agresión, baseándose nos informes médicos e da Garda Civil no lugar dos feitos. Os maxistrados rexeitaron a versión do condenado, que dixo que mancou accidentalmente a súa esposa cando tentaba separala do gigoló. A sentenza tamén lle prohíbe ao acusado achegarse a menos de douscentos metros da súa esposa durante ano e medio.

 






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019