CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Agricultura de precisión con drons, a vangarda do sector sae de Galicia

Publicado o 27/05/2018 14:46




Galicia está á vangarda na oferta de servizos con drons. Quedou patente no Segundo Congreso Internacional de Drons que se celebrou en Ourense. Durante tres días, os mellores especialistas do sector en España amosaron as innovacións tecnolóxicas e as últimas aplicacións, entre elas, tarefas agrícolas de precisión.

Fíxense nesta imaxe. Este é o único dron que a día de hoxe fai en España fumigacións de cultivos. A empresa que o opera é de Ourense.

Ao detectar, con dous gps, exactamente as coordenadas onde está a praga, fai unha aplicación moi localizada, evitando ademais contaminar con pesticida zonas non afectadas. Despois de dous meses de probas comezan a ter os primeiros traballos que puideron amosar no Congreso Internacional de drons que se celebrou en Ourense.

Estoutro dron, creado pola mesma empresa galega, pode achegar material de primeira necesidade nunha emerxencia.

E este, híbrido, voa ata catro horas. Non hai outro tan autónomo no mundo. Estano aplicando para agricultura, seguridade, topografía... O próximo destino, Kuwait, para facer inspeccións de liñas de alta tensión. Innovación do país voando polo globo.