CRTVG

Buscar

Agricultores e gandeiros claman no centro das cidades por prezos xustos e vivir da súa profesión

Publicado o 14/02/2020 13:17


Agricultores e gandeiros pediron ser os que negocien os prezos de mercado. Deixaron de novo o traballo no campo para reivindicar prezos xustos no asfalto. E cunha multitudinaria tractorada colapsaron o centro de Valencia.  "Basta de enganos. Queremos vivir da nosa profesión" di un dos agricultores e engade; "queueremos un prezo xusto nos nosos produtos".

Protestas tamén en Córdoba, onde os tractores ocuparon a autovía A-45. Alí pediron converterse nun sector estratéxico: " España é máis agrícola que industrial". "Pedimos que se prohiba por lei a venda a perdas. Para que se poidan construír prezos de abaixo a arriba e que non sexa a calderilla o que se lle dá ao agricultor


No centro de Lleida denunciaron a situación límite en que din que se atopan: "Para pagar esta botellita de auga, nun bar me custou un euro. Te´ño que vender dez quilos de caquis a dez céntimos"

E quixeron concienciar en pro do produto local. Tamén houbo protestas en Oviedo, onde o peso está na gandería extensiva.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí