CRTVG

Buscar

Agricultores da Limia, preocupados porque os campos seguen enchoupados

Publicado o 10/04/2019 17:34

As últimas precipitacións anegaron as parcelas da Limia. Os agricultores que acababan de sementar o trigo de primavera temen que, se segue chovendo, podreza e se bote todo a perder. Nese caso terían que volver plantalo, cos gastos que isto suporía.

Facía falta a auga pero din os agricultores da Limia que veu moita e moi xunta e temen que o trigo de primavera se bote a perder. Adiantaran a súa sementeira polo sol e a calor que houbo en marzo e agora a choiva encharcou moitas parcelas.

As leiras máis afectadas son nas que xa plantaran o cereal pero aínda non saíra.

Os labregos limiaos miran ao ceo preocupados, segundo Meteogalicia mañá e o venres amaina a choiva,pero o sábado volve outra borrasca.

Noticias web

10/04/2019