CRTVG

Buscar

Gravan e agriden un indixente no Grove e soben as imaxes ás redes sociais

Publicado o 03/02/2021 14:04

Esta é a secuencia. Un invididuo cuberto cunha capucha segue a un home que camiña pola rúa Luís Seoane, mentres outro grava a escena. Cando a vítima xira cara a calella O Marino, faille un xesto ao que grava e acelera o paso e entre risas, empurra á vítima e tírao ao chan.

O que cae é Israel. Extoxicómano e expresidiario que leva tempo instalado no Grove, onde é moi popular porque adoita pedir esmola pola rúa. Israel di coñecer aos seus agresores.

Israel asegura que non é a primeira vez que sofre este tipo de vexacións. Noutras ocasións téñeno ameazado para quitarlle os cartos que recada.

O vídeo está en mans da Garda Civil que traballa na identificación dos autores. As imaxes que circulan polas redes non deixaron indiferentes aos veciños. Condenan unánimemente este tipo de actos e comportamentos denigrantes.
Aseguran que hai meses xa circularon outras gravacións en que o obxectivo das burlas era a mesma persoa.
 

Noticias web

03/02/2021