CRTVG

Buscar

Agrede un médico que tropezou coa súa filla cando ía atender unha urxencia

Publicado o 09/03/2019 22:58

Na Coruña, un desagradable incidente alterou o habitual ambiente deportivo e lúdico da cidade deportiva da Torre. Sucedeu mentres se xogaban varios partidos de fútbol base. O árbitro dun deses encontros perdeu o coñecemento por unha baixada de azucre. Un médico que estaba nas instalacións correu para socorrelo.

No camiño tropezou cunha nena e tirouna ao chan. Segundo varias testemuñas, o pai da cativa insultou o facultativo, que despois de pedir desculpas, intentou marchar para atender o colexiado. Foi nese momento cando o home lle deu varios puñazos. Axentes da Policía Nacional identificaron o agresor e tomáronlle declaración. A vitima non quixo presentar denuncia.


 

Noticias web

09/03/2019