CRTVG

Buscar

Esgotados os billetes ás Cies para o próximo domingo

Publicado o 01/07/2019 13:35

Ringleiras de visitantes agardan para embarcar cara ás illas Cíes. A chegada de xullo trae un aumento no número de viaxeiros ao arquipélago. Para este domingo xa non quedan billetes, e os turistas apúranse para non quedar sen coñecer este paraíso natural.

Dende este luns pódense sacar os permisos para a primeira quincena de agosto, e hai quen non agarda nin un día para asegurar un billete ás Cíes.

Polo momento a única data para a que non quedan billetes é este domingo, pero non se despisten, xa que o cupo máximo diario de visitantes ás Cíes é de 1.800 persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/07/2019