CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Agosto superou as expectativas turísticas na Ribeira Sacra, e o mes de setembro vai polo mesmo camiño

Publicado o 01/09/2017 20:53


Quen pense que coa fin do mes de agosto se acabou o turismo está moi equivocado. Galicia segue a ser reclamo turístico e boa proba diso é a ocupación estes días na Ribeira Sacra.

A Ribeira Sacra é un reclamo turístico que o boca orella e as redes sociais están a espallar por todo o mundo. A viticultura heroica e os canóns do Sil son algunhas das xoias que ninguén quere perder, e os empresarios da zona calculan que en agosto houbo máis dun 20% máis de turistas que o ano pasado. Setembro vai camiño de ser un bo mes.



Programas de televisión ou a última novela de Dolores Redondo achegaron a moitos á Ribeira Sacra. Todos coinciden no abraiante do que están a ver.



A Ribeira Sacra converteuse nunha parada obrigada dos viaxeiros que queren facer un circuito por toda a comunidade.



Se o verán marabilla os visitantes, a Ribeira Sacra crécese aínda máis no outono, cando saca as súas cores ocres que a converten nunha das paisaxes mais magníficas de Galicia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí