CRTVG

Buscar

Agosto foi o mes con menos mortos nas estradas desde que hai rexistros

Publicado o 05/09/2019 16:14

Baixa o número de accidentes mortais nas estradas españolas. En xullo e agosto faleceron 220 persoas, 40 menos ca no verán pasado e a cifra máis baixa desde 2014, malia que aumentou o número de desprazamentos. Agosto foi o mes con menos mortos desde que hai rexistros.

Os accidentes de tráfico mortais baixaron un 9% no primeiro semestre deste ano e un 15% en xullo e agosto con respecto os mesmos periodos de 2018, segundo balance do Ministerio do Interior. En xullo e agosto morreron 220 persoas, 40 menos que no ano pasado, malia que houbo case un 3% máis de viaxes longas por estrada. En xullo faleceron 191 personas, 10 menos que en 2018, e en agosto 101, a cifra máis baixa desde que hai rexistros.

En relación á cifra dos 220 falecidos referir que non houbo un verán con menos mortos. Pode facer referencia a que estamos nunha nova tendencia, nun cambio de tendencia. Os datos de falecidos por accidente de trafico nunca, nunca son bos. Neste caso son menos malos que os do ano pasado, pero nunca son bos.

O ministro do Interior lembrou na presenación do balance que antes da operación especial de verán, a DXT anunciou un aumento de operativos, vixilancia e controis, o que, na súa opinión, induce a un maior cumprimento das normas de circulación e a un cambio de comportamento dos condutores. Grande-Marlaska lembrou que na estrada non só hai mortos e lamentou os 850 feridos graves rexistrados este ano.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/09/2019