CRTVG

Buscar

Agosto eleva as cifras de ocupación hoteleira do verán en Compostela

Publicado o 01/09/2018 14:56

As altas temperaturas marcaron un mes de agosto que pecha con boas cifras de ocupación en Santiago. Malia que o verán comezou frouxo, nos primeiros quince días do mes a ocupación roldou o 100% na contorna da catedral compostelá.

Malia que o verán comezou frouxo, con agosto chegaron a calor e os turistas. As cifras dos primeiros quince días do mes de vacacións por excelencia elevaron a porcentaxe da ocupación dos hoteis composteláns, epecialmente nos arredores da catedral, onde roldaron o 100%. 

Aínda así dende o sector hoteleiro e hostaleiro agardan que setembro sexa bo e que o tempo acompañe para compensar as baixas cifras do inicio da tempada estival. Nestes días a estampa compostelá foi a agardada, moito turista estranxeiro, tamén nacional e unha morea de peregrinos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/09/2018