CRTVG

Buscar

Agosto comeza con tres mortos nas estradas galegas en menos de 24 horas

Publicado o 06/08/2019 12:39

Tres vítimas mortais e cinco feridos, un deles grave, en dous accidentes de tráfico. Este é o tráxico balance do que vai de mes de agosto nas estradas galegas. Dáse a circunstancia de que os dous sinistros se rexistraron en menos de 24 horas.

O primeiro tivo lugar o domingo contra as nove da noite en Outes. Unha colisión frontal entre dous turismos cobrábase a vida dun matrimonio e deixaba feridos os catro ocupantes do outro vehículo, dous deles menores.

O outro sinistro mortal produciuse o luns, pouco antes da unha do mediodía, nos Blancos, en Ourense. A condutora deste Opel Corsa faleceu no acto tras chocar contra outro turismo en que ía outra muller, que quedou ferida grave.

Dende que comezou a operación especial de tráfico de verán, a finais de xuño, morreron nas estradas galegas nove persoas contando estas tres últimas vítimas. O ano pasado entre os dous meses faleceron 21 persoas, 11 en xullo e 10 en todo agosto.

Para frear a mortaldade nas estradas galegas, a DXT intensificará os controis durante a segunda fase da operación verán. Haberá máis axentes despregados, máis radares fixos e móbiles e incrementaranse os controis preventivos de alcol e drogas. Tráfico prevé máis de cinco millóns de desprazamentos no noroeste peninsular durante este mes, un 2,84% máis ca o ano pasado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019