Agosto comeza coa maior baixada de casos activos desde marzo (-157)
• Os contaxios diarios baixan do milleiro, pero aumentan os ingresos hospitalarios
• A área sanitaria da Coruña é a única que rexistra máis de 200 positivos nun día

O mes de agosto comeza cunha baixada dos casos activos. Hai 18.807 persoas diagnosticadas con coronavirus en Galicia, 157 menos ca onte, a maior baixada de casos activos desde marzo. Na xornada de hoxe rexistráronse 939 novos casos.
Evolución dos casos activos en Galicia
En canto aos positivos por PCR, a área que rexistra as cifras máis altas é a da Coruña, que é a única que continúa por riba dos 200 positivos nun día.
Repartición de PCR positivas por áreas
Por áreas sanitarias, a repartición é a seguinte:
Vigo: 4.577 (-107)
A Coruña: 4.002 (+56)
Pontevedra: 2.925 (-22)
Santiago: 2.302 (+9)
Ourense: 1.763 (-108)
Lugo: 2.257 (-9)
Ferrol: 981 (+24)
Casos activos por área sanitaria
A presión asistencial sofre un lixeiro aumento. Hai 328 persoas hospitalizadas polo coronavirus: 285 en planta (+13) e 43 en UCI (-1).
O Servizo Galego de Saúde notificou na xornada do domingo o falecemento de tres persoas que foran diagnosticadas por covid-19. Polo tanto, a cifra total de vítimas ascende a 2.464 desde o comezo da pandemia en Galicia.