CRTVG

Buscar

Agosto acumula xa os seis maiores prezos da serie histórica da luz

Publicado o 11/08/2021 08:46

O prezo da luz non dá tregua. Triplica o do verán pasado e hoxe volve marcar un novo récord superando todos os rexistros con 113 euros o megavat hora, ademais nuns días con moita demanda pola vaga de calor en boa parte de España.

E as previsións din que a situación durará uns meses. Hai prezos moi altos en toda Europa polas materias primas e o encarecemento histórico do mercado de emisións. A maioría dos expertos cren que os prezos non baixarán ata que se modifique o funcionamento do mercado eléctrico maiorista.

A suba da luz ocupa tamén o debate político. A oposición pídelle ao Goberno que tome medidas para baixar a factura. E o Goberno culpa da situación aos anteriores Executivos do PP e á súa política enerxética. E á suba da luz súmase tamén a dos carburantes, que están este verán un 20% máis caros que o ano pasado. 

Noticias web

11/08/2021