CRTVG

Buscar

Agora xoga un Aspas máis solidario e menos goleador

Publicado o 30/03/2021 14:43

"Nunca fun un goleador nato, o raro é meter 15 ou 20 goles por ano"

É o líder da liga en pases de goles, con oito ata o momento. Pero marcar, non marca dende o partido ante o Huesca en Balaídos. Xogou dende ese día oito encontros máis. Sen goles. E non por iso está preocupado.

Ultimamente xoga un Aspas máis solidario, menos próximo á area rival.

A visita a Mendizorroza marcará o obxectivo para os dous últimos meses de competición

Os de Coudet lograron 2 vitorias nas 12 últimas xornadas. Un Celta menos brillante, menos agresivo na presión. Non ve Aspas baixón físico.

Cinco partidos en abril: Alavés, Sevilla, Real Sociedade, Osasuna e Cádiz.


 

Noticias web

30/03/2021