CRTVG

Buscar

Agónico triunfo do Rotogal Boiro contra o Río Duero Soria (3-2)

Publicado o 20/01/2021 21:45

O Rotogal Boiro segue dando pasos cara a permanencia cun agónico triunfo diante do Río Duero Soria, que tivo bola de partido no cuarto set.

O conxunto visitante gañou o primeiro set (20-25), atopouse cun gran Boiro no segundo (25-18) e dominou un igualadísimo terceiro set (24-26). O cuarto tiña cor visitante, pero o Boiro salvou bola de partido e acabou levando o choque despois dun 29-27 ao quinto set no que tamén se impuxo (15-12). 

Noticias web

20/01/2021