CRTVG

Buscar

Agónico rescate na Vendee Globe

Publicado o 01/12/2020 22:08

Unha vía de auga, en alta mar, a 600 millas do cabo de Boa Esperanza. Kevin Escoffier enfrontouse a un auténtico pesadelo. A Vendee Globe, a volta ao mundo sen escalas e en solitario, viviu unha xornada dramática. O patrón do PRB lanzou unha mensaxe de socorro. O seu barco ía a pique. A aventura ameazaba con se convertir en traxedia.

A embarcación máis próxima era o Yes We Cam! a 20 millas de distancia. A espera resultou anguriante ata que vimos esta imaxe. Jean Le Cam e Escoffier xuntos abordo do Yes we Cam. O pesadelo rematara. Pero o rescate non puido resultar máis agónico. Le Cam achegouse o máis que puido ao bote salvavidas no que estaba Escoffier pero no medio dunha escuridade pecha e con ondas de 4 e 5 metros perdeu o contacto visual con Escoffier.

Non puido agochar a súa emoción o patrón do PRB ao lembralo. Dáse a circunstancia de que hai 11 anos, na Vendée 2009, Jean Le Cam foi rescatado preto do Cabo de Fornos polo entón patrón do PRB, Vincent Riou. Hoxe, no Yes we Cam! navegan dous mariñeiros. Non van gañar a Vendée pero superaron xa unha proba moito máis dura.
 

Noticias web

01/12/2020