CRTVG

Buscar

Aglomeracións nos paseos co bo tempo, unha imprudencia cos índices actuais de covid-19

Publicado o 23/11/2020 15:27

Co bo tempo desta fin de semana, case ninguén se resistiu a ir dar un paseo e algunhas zonas, coma os areais de Vigo ou A Coruña, estiveron do máis concorrido.

Os especialistas en epidemioloxía alertan unha e outra vez destas condutas de risco e das consecuencias dun exceso de confianza prematuro.

"Nestes momentos o aconsellable é restrinxir todo o posible a interacción de persoas. Temos que facer eses sacrificios. Estamos aínda nunha situación de alta incidencia en España e temos aínda un treito longo para levar esa situación ata 25 casos por cen mil habitantes", di Daniel López-Acuña, exdirector acción sanitaria para situacións de crise da OMS.

O risco pode ser especialmente grave se non asumimos as limitacións de contacto cara ao Nadal.

"Se nos confiamos, podemos incorrer en todos os elementos para unha terceira onda que deberiamos evitar", di o epidemiólogo López-Acuña.  

Noticias web

23/11/2020