CRTVG

Buscar

Aglomeracións en dous eventos en Menorca e Biscaia

Publicado o 24/06/2020 15:04

Centos de persoas en Menorca sen distancia, sen máscara e berrando, para acompañar a tradición do "primeiro toque", co que celebran alí o San Xoán. Malia que as autoridades pediron que se celebrase na intimidade, moitos veciños esqueceron os riscos e sumáronse á concentración sen que ninguén llo impedise.

Tamen foi multitudinario un botellón de onte á tarde nun piñeiral nunha praia de Biscaia. Xuntáronse centos de mozos, sen máscaras nin distancias, ata que foron desaloxados pola policía. Neste mesmo botellón, dúas mozas menores de idade tiveron que ser hospitalizadas por comas etílicos.  

 

Noticias web

24/06/2020