CRTVG

Buscar

Agasallos e preparativos para o Día de San Valentín

Publicado o 12/02/2019 15:01

Faltan dous días para San Valentín e moitas parellas xa pensan nos preparativos. As rosas e os doces son os agasallos máis comúns. Mentres, moitos restaurantes xa teñen case todo reservado dende o xoves ata o domingo.

Un corazón ou unha rosa, os símbolos, seguen sendo os agasallos máis comúns para San Valentín.
É por iso que o prezo das rosas case se duplica estes días de 30 euros a ducia de media ata case 50 euros.

Os doces, as xoias ou os perfumes son outros agasallos clásicos.

Quen si o celebra, unha velada nun restaurante é o máis concorrido.

Non contan con tanta sorte os que non teñen preto a súa parella.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019