CRTVG

Buscar

Agárdase unha suba de 3,8 céntimos por litro de diésel

Publicado o 17/01/2019 14:52

Subir os impostos ao diésel prexudicará preto dun millón de condutores en Galicia. É un golpe ao peto dos galegos co que o Goberno de Sánchez agarda recadar 68 millóns de euros. Cada litro de gasóleo gravarase con 3,8 céntimos máis.

Ao encarecemento pola suba do imposto ao diésel haberá que sumarlle outra presión fiscal a maiores. Os transportistas teñen bonificacións, pero non sucede o mesmo cos autónomos que utilizan o seu coche todos os días para traballar.
 

Noticias web

17/01/2019