CRTVG

Buscar

Agárdase que Portugal confirme a prórroga do estado de emerxencia ata mediados de maio

Publicado o 16/04/2020 16:09

Espérase que Portugal confirme hoxe a prórroga do estado de emerxencia ata mediados de maio. Os seus datos de incidencia do coronavirus son positivos, pero non baixan a garda.

Non baixan a garda porque saben que a súa economía non se pode permitir unha recaída e prefiren pecar de exceso en canto ao confinamento. Hai uns minutos o presidente da República, Rebelo de Sousa, enviou ao Parlamento a proposta de prolongación do estado de emerxencia ata o 15 de maio, así que é cuestión de horas que sexa oficial. E tamén poderemos revisar o texto que segundo puidemos saber dá a posibilidade de que algúns negocios poidan ir abrindo pouco a pouco.

A fronteira por terra con España abrirá un día antes, o 14 de maio. Só está aberta para traballadores transfronteirizos e transporte de mercadorías. Hoxe fai un mes desde ese peche histórico no que Portugal controlou o paso de case 170.000 vehículos en toda a fronteira con España, 70.000 en Valença, onde vetaron o paso de 472 vehículos. 

 

 

Noticias web

16/04/2020