CRTVG

Buscar

Agárdase a chegada de 20.000 cruceiristas a Galicia polo festivo do Pilar

Publicado o 10/10/2018 21:48

O sector turístico galego espera un importante impulso na próxima ponte do Pilar, que se notará na ocupación de hoteis e casas rurais, pero tamén na afluencia de visitantes chegados por mar.

Esta semana recibiremos en Galicia 11 cruceiros con máis de 20.000 turistas a bordo. E o porto con máis trasfega será o da Coruña. Ao longo desta semana, atracarán neste peirao 7 cruceiros que sumarán en total máis de 12.000 pasaxeiros. Hoxe foi o día de maior afluencia, co desembarco de 6.600 turistas chegados a bordo de dous buques.

Vigo non quedará lonxe destas cifras. Recibirán esta semana preto de 11.000 cruceiristas, que chegarán a bordo de catro trasatlánticos.

No conxunto de España o turismo de cruceiros disparouse máis dun 20% entre xaneiro e xullo deste ano, segundo os datos de Portos do Estado. Ao remate do exercicio espérase superar por primeira vez na historia a barreira dos dez millóns de cruceiristas en todo o país.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2018