CRTVG

Buscar

Agárdanse preto de 900.000 desprazamentos de longo percorrido en Galicia

Publicado o 12/08/2017 20:45

O dispositivo especial pola chamada operación 15 de agosto prolongarase ata as doce da noite do martes

Dende onte está aberto un operativo especial da Garda Civil para controlar os 900.000 vehículos que van facer unha viaxe de longo percorrido en Galicia durante esta ponte festiva.Entre as medidas que tomou a DXT tamén se paralizaron as obras nas estradas e se restrinxiu a circulación de camións para intentar reducir ao máximo os problemas nas estradas.

Unha caída de bicicleta mobilizou os servizos sanitarios, a Garda Civil e a policía local na Lanzada. Ciclistas e peóns son os máis desprotexidos, por iso Tráfico esixe que se teña especial coidado con eles.

Outras das medidas que se lles piden aos condutores é que adapten a velocidade ao tipo de estrada pola que circulan e lembran a prohibición do consumo de drogas e os límites no de alcol á hora de coller o coche para evitar accidentes e, no seu caso, minorizar as súas consecuencias nunha das pontes que máis turismos move en Galicia. 

Dende onte ata o martes 900.000 vehículos faran unha viaxe de longo percorrido na nosa comunidade. De novo, a maior intensidade de tráfico e os maiores controis faranse na AP-9, A-6, A-52 e A-55, e nas nacionais 550 e 634.

Dende onte intensificáronse os controis de consumo de drogas e de taxa de alcol, xa que o seu uso é un factor concorrente ou determinantre nun terzo dos accidentes mortais de circulación.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2017